Orde 3511987,
do 17 de xuño, pola que se regulamenta o uso das linguas oficiais das
comunidades autónomas na Administración Militar.
O artigo 3° da
Constitución española declara que, ademais do castelán, as outras linguas
españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de
acordo cos seus Estatutos.
Co fin de regulamenta-lo uso das distintas linguas propias das Comunidades Autónomas
nas relacións entre os particulares, Corporacións públicas ou Institucións
de autogoberno daquelas e a Administración Militar, díctase a presente Orde,
que recolle os distintos supostos de utilización das mesmas e os seus efectos.
Na súa virtude, dispoño:
Artigo 1
En toda relación
nominal ou notificación persoal que efectúe a Administración Militar deberán
figura-los nomes e apelidos que ostentan no Rexistro Civil os interesados. Cando
o nome usado por estes non coincida co rexistrado, por terse utilizado lingua
distinta para a súa inscrición, e corresponda a algunha das linguas propias
das Comunidades Autónomas, consignarase na devandita lingua, se así o
solicitase o interesado. Igualmente terase en conta a toponimia oficialmente
establecida, na lingua oficial da respectiva Comunidade.
Artigo 2
Os escritos
redactados na lingua oficial e propia dunha Comunidade Autónoma que dirixan á
Administración Militar particulares, Corporacións públicas, ou Institucións
de autogoberno pertencentes a aquela, terán plena validez e eficacia.
No caso de escritos que se refiran a cuestións que deban resolverse fóra do ámbito
da Comunidade Autónoma, pero que ó abeiro da Lei de Procedemento
Administrativo se presenten dentro do seu propio territorio, procederase de
oficio á súa tradución.
Artigo 3
Os documentos ou
certificacións que redacten na lingua propia e oficial dunha Comunidade Autónoma
as autoridades e os Organismos radicados na mesma, serán admitidos pola
Administración Militar nos expedientes administrativos incoados de oficio ou a
instancia de parte, que deban de resolverse dentro do ámbito territorial propio
da devandita Comunidade ou doutra Comunidade que use de lingua oficial
coincidente. De oficio procederase a súa tradución cando deban producir
efectos fóra do ámbito lingüístico, se foron presentados o abeiro da Lei de
Procedemento Administrativo no propio territorio.
Artigo 4
No caso de relacións
verbais entre particulares e Centros ou dependencias da Administración Militar
con sede nunha Comunidade Autónoma con lingua propia, os primeiros serán
atendidos, á súa elección, en castelán ou na lingua da Comunidade.
Excepcionalmente tendo en conta o grao de dificultade da consulta, o
representante da Administración Militar, poderalle solicitar a quen a realice,
a súa colaboración para formulala por escrito, poñendo a súa disposición os
medios que cumpran.
Artigo 5