|
|
NOVAS |
|
Coa mirada posta no futuro
e sen esquecer o pasado, o novo equipo directivo do IES Pedro Floriani,
con ilusión e entusiasmo, embarcouse o pasado 1 de xullo na tarefa de
dirixir o instituto, que no 2008 cumpre o seu vixésimo quinto ano.
Dende a plataforma que se lles brinda coa edición deste novo número da
revista “Viaduto”, queren mostrar o seu traballo.
Descargar a revista en formato PDF |
|
ÁLVARO IRIARTE SANROMÁN, Profesor redondelán na Universidade do Minho: "É unha ferramenta para mellorar o léxico galego" |
Nado
en Redondela e residente en Braga dende hai vinte anos, Álvaro
Iriarte presentou onte na Casa da Torre o "Dicionário Espanhol-Português"
que este profesor da Universidade do Minho acaba de sacar do prelo co
apoio dun equipo de filólogos lusos. A Concellería de Normalización
Lingüística organizou a conferencia. - Como xurde a idea deste diccionario bilingüe? - A editora Porto pediume revisar o que tiñan publicado hai 50 anos. O diagnóstico foi a necesidade dunha urxente revisión da obra, dende a mesma raíz do diccionario. - Houbo que cambiar máis pola banda do castelán ou do portugués? - Un dos problemas que detectamos na obra era a falta de palabras equivalentes na outra lingua; tamén palabras modernas que cambian de sentido. Por exemplo "efecto invernadero", en portugués dise "efeito estufa", aínda que exista a verba "invernadoiro". Tivemos moito traballo a desenvolver na combinatoria, istó é, as palabras españolas e portuguesas que se parecen na grafía, mais o sentido non. - Á parte dos filólogos, a quen vai dirixida esta obra? - Obviamente ao mercado español e portugués no senso máis amplo. Mais os galegos temos aquí unha boa ferramenta para codificar a nosa lingua, para achar o sentido de palabras nosas. O galego pode recoller moito do léxico portugués. - Cal é a súa postura respecto á normativa galega? - Eu son reintegracionista e penso que é importante chegar a algún consenso para mudar as cousas. Creo que por este camiño na próxima xeración morrerá o galego. Dígoo dende fora, pero son pesimista. Por iso sería bó aproximarnos a nivel léxico. |