|
|
NORMAS ORTOGRÁFICAS DO GALEGO |
|
RESUMO
DOS CAMBIOS NAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO
(2003): O
alfabeto Cambios
na denominación das letras e dígrafos. O nome da letra <q> pasa a
ser que. O
nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasa a denominarse
respectivamente ce hache, ele dobre e que u. Léxico
Os
substantivos vocal e estudio
pasan a vogal e estudo; e o verbo estudiar pasa
a estudar. A
acentuación Limítase
a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas indirectas
a aqueles casos en que é necesaria para evitar anfiboloxías. O
guión O
alomorfo lo, la, los, las, pasa
a ser de uso obrigatorio só despois da preposición por
e do adverbio u. Nos demais
casos a súa representación é facultativa.
O
apóstrofo Permítese
a súa utilización para a reprodución da prosodia oral, ou para
respectar títulos de obras ou cabeceiras de publicacións. Os
signos de interrogación e admiración O
seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendado ao seu
inicio para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura. Grupos
consonánticos Grupos
bc, bd,
bn, bs, bt, bv e bx Engádese
no título do epígrafe o grupo bm. Grupos
–ct- e
-cc- Suprímese
a primeira consoante cando precede as vogais i e u (condución,
conflito…). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras
cultas de escasa frecuencia (deíctico,
dúctil…). A
consoante implosiva vocaliza en i nos
casos de reitor (reitorado, reitoral, reitoría) e seita pero sectario,
sectarismo). Sufixos
e terminacións –ancia,
-encia, -iencia, -uencia, -cia, -cio, -za, -zo Mantense
Galicia como “voz lexítima
galega, denominación do país e forma maioritaria na expresión oral
escrita moderna”. Galiza considérase tamén unha forma lexitimamente galega,
amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego
contemporáneo. Amplíase
a relación de voces en –zo, -za:
diferenza, espazo, estanza (“estrofa”), graza,
licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, querenza, sentenza,
servizo e terzo. –ble/-bel Considéranse
admisibles tanto –ble como –bel
e, en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer
ou estabelecer. No texto das
Normas emprégase –ble. –eo,
-eu e –ao,
-au Engádense
chapeu, romeu e xubileu á relación de palabras en –eu. Engádese
bacallau e pau á relación de palabras en –au. –us,
-um, -o Engádese
ímpeto e tribo a relación de palabras en –o. Masc.
–án/ Fem. –á,
Masc. –ano/ Fem. –ana
Acomódanse
ao esquema –án/á as
seguintes formas: afgán, alazán,
alemán, barregán, bosquimán, capitán, catalán, ermitán, escribán,
gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán. Masc.
–án/ Fem. –ana
Admítense
as variantes locais –ao/á e –án/án
nos xentilicios correspondentes (burelao,/burelá,
muradán/muradán…). A
terminación –án/ -ana queda
así reservada para caracterizadores pexorativos (bocalán…). Masc.
–ón/ Fem. –oa,
-ona O
esquema –ón/-ona queda
reservado para formacións aumentativas (homón,
mullerona…) e para deverbais pexorativos (abusón, abusona…). Nos
demais casos, -on/-oa (anfitrión/
anfitrioa, león/leoa…). –dade,
-tade Incorpórase
puberdade ao grupo en –dade. –aría,
-ería Dáselle
preferencia á solución tradicional –aría
(a non ser en certos galicismos), aínda que se admite a solución –ería. O
artigo Contraccións O
encontro da preposición a co
artigo o pódese representar
graficamente como ao ou ó. No texto das Normas escríbese
con ao. Por tanto tamén aos
ou ós (preferencia aos). Encontro
do artigo coa conxunción comparativa ca Admítese
a dobre representación para o encontro da conxunción comparativa ca
co artigo determinado: ca o ou có, ca a ou cá. Pronomes Demostrativos
Elimínanse
esto, eso e aquelo como formas neutras. Relativos,
interrogativos e relativos Admítese
tamén o relativo posesivo cuxo,
con flexión de xénero e número. Numerais Cardinais
Deglutínanse
os numerais entre vinte e trinta:
vinte e un, vinte e dous, vinte e dúas… Multiplicativos
Elimínase
triple e cuádruple. Verbo
Paradigmas
regulares Prescríbese
a acentuación proparoxítona a P4 e P5 dos pretéritos de subxuntivo (andásemos,
andásedes, …). Oír/ouvir
Admítese
ouvir ao lado de oír. Adverbios
e locucións adverbiais De
lugar Engádese
á lista alén e aquén. De
tempo Aglutínase
acotío, decontado, decontino,
decotío, deseguida, deseguido, enseguida. Elimínase
entonces. De
cantidade e precisión Aglutínase
a locución apenas. Elimínase
alomenos. De
modo Aglutínanse
as locucións amodo e devagar. De
dúbida Aglutínase
a locución talvez. Preposicións
e locucións prepositivas Engádese
a respecto de, alén de, após, aquén
de, até, canto a. Conxuncións
e locucións conxuntivas Adversativas Elimínanse
anque, nembargantes, sen embargo. Engádense
no entanto, porén. Concesivas
Elimínase
anque. Consecutivas
Elimínase
entonces. Temporais
Aglutínanse
apenas, decontado que, deseguida
que. Engádese
até
que. |