O SEU NOME EN GALEGO

  • NOMES DE NENO (Escolma de 765 nomes de muller, realizada por Mercedes Espiño Amil)

  • NOMES DE NENA(Escolma de 654 nomes de muller, realizada por Mercedes Espiño Amil)

  • GALEGUICE O SEU NOME

Dende 1977, grazas á Lei 13/1977, calquera persoa que o desexe pode facer que o seu nome figure legalmente en lingua galega. Para iso só cómpre levar a cabo un trámite. Desde o 7 de febreiro de 1999, coa entrada en vigor da Lei 40/1999, tamén se pode galeguizar os apelidos.

Con esta acción de galeguizar os nomes e apelidos, igual que coa de elixir nomes galegos para os fillos e fillas, afiánzase o compromiso da sociedade coa lingua galega e avánzase un paso máis no importante camiño da normalización lingüística.  

-  Cómo galeguizar o nome e apelidos

-  Lei 17/1977, reforma do artigo 54 da Lei de Rexistro Civil

-  Lei 40/1999, do 5 de novembro sobre nome e apelidos e orde destes

Galeguizar o nome e os apelidos:

1. Na partida de nacemento

Cómpre ir persoalmente ao Rexistro Civil onde estea rexistrado o seu nacemento. Alí ten que solicitar, en primeiro lugar, unha fe de vida. Unha vez a teña, debe presentar tamén no Rexistro unha instancia   (incluíndo fotocopia do DNI e fe de vida), na que solicite, ao abeiro da Lei 40/1999, se proceda á galeguización do nome e/ou dos apelidos. Por último, debe solicitar a correspondente acreditación do Rexistro na que se certifique dito cambio.

Cando no Rexistro lle soliciten unha acreditación oficial de que o seu nome se di así en galego para poder cambialo, dita acreditación terá de pedila ao Instituto da Lingua Galega. Deberá preguntar polo profesor Antón Santamarina.

2. No carné de identidade

  Dirixa unha instancia á comisaría que lle expediu o carné de identidade, achegándolle dita certificación do Rexistro Civil, na que lle solicite que, ao abeiro da Lei 40/1999, se proceda á corrección do nome e/ou dos apelidos, rexistrándoos na súa forma actual.

3. Na restante documentación de uso persoal

Progresivamente, proceda á galeguización do nome e/ou apelidos na restante documentación: carné de conducir, cartilla da seguridade social, NIF, guía telefónica, recibos da auga, luz, teléfono, … A tramitación na maioría dos casos, consiste simplemente en presentar o DNI, no que xa figure o nome e apelidos na súa forma actual.

  4. Outra información de interese

1. Toda a tramitación é de balde

Existe un compromiso por parte dos rexistros civís para seren eles mesmos os que se encarguen de oficio das xestións sobre as formas correctas en galego de nomes e apelidos, diante dos organismos

2. Competentes (ILG e Real Academia Galega). De todos xeitos, o Dicionario dos nomes galegos da editorial Ir Indo é criterio de autoridade, segundo decidiu a Real Academia Galega na súa sesión de 4 de xullo de 1992.

3. Nos casos en que se denegue a galeguización, caben os correspondentes recursos previstos na Lei do Rexistro Civil e no seu Regulamento.

¿QUERE SABER MÁIS....?

Voltar á páxina principal