Xosé
Maria Álvarez Blázquez
Naceu en Tui
(Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.
Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío
Álvarez Limeses, milito una Federación de Mocedades Galeguistas e no
Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial
Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous
anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e
A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da
narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto
co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer
(1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do
neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle
segredo, escrito no 54 e publicado no 76.
Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos
XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía
medieval (1975).
En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras
nuevas (1945).
A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez
Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e
interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".
|