Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais.
A lingua galega constitúe o principal patrimonio cultural da nosa Comunidade, como sinal de identificación e diferenciación de Galicia. O Estatuto de Autonomía, no artigo 5.°, recoñécea como lingua propia dos galegos, e o artigo 4.1 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística declara o galego como lingua oficial da Administración local.
Polas razóns expostas, e en coherencia cos mandatos estatutarios e legais, e preciso impulsa-la normalización lingüística na Administración local, e para este efecto a Xunta de Galicia, no marco da súa política de promoción da normalización lingüística, debe colaborar na medida do necesario cos esforzos das entidades locais a prol do uso normalizado da lingua alega na súa documentación oficial, sen prexuízo de empregar ademais a outra lingua oficial, se así o decide, neste caso, respectiva entidade.
A finalidade da presente Lei e a de establecer un criterio normativo impulsor
do progresivo proceso de normalización lo galego na Administración local, na
procura dun clima social e político que multiplique os esforzos que se veñen
realizando cara a recuperación do uso normal da nosa lingua.
Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co
artigo 13° 2 do Estatuto de Galicia, artigo 24 da
Lei 111983, do 23 de febreiro, regulamentadora da Xunta e do seu Presidente,
promulgo, en nome de El-Rei, a Lei do uso do galego como lingua oficial de
Galicia polas entidades locais.
Artigo 1
1. As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares,
propostas de acordo, dictames das Comisións informativas e actas das entidades
locais de Galicia redactaranse en lingua galega.
2. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, as devanditas entidades poden
facelo, ademais, na outra lingua oficial.
Artigo 2
1. Correspóndelle a Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación
da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de
programas de formación de funcionarios en lingua galega.
2. Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptara as medidas oportunas
para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se
garanta o coñecemento da lingua galega.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
1. As entidades locais que non estean en conduccións de incorporar de
contado o galego como lingua normal nos actos escritos da Administración dispoñerán
dun prazo de dous anos a partir da publicación desta Lei para adoptar acordo
sobre a realización material do disposto nela e darlle cumprimento.
2. A Xunta de Galicia elaborara un programa de actuacións co obxecto de
garantir que, o cabo do prazo sinalado no parágrafo anterior, tódalas
entidades locais de Galicia estean en conduccións de cumpri-lo preceptuado
nesta Lei.