Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial (B.O.E. do 1 e 2 de xullo, nº 156 e 157)
TÍTULO III: DAS ACTUACIÓNS XUDICIAIS
CAPITULO PRIMEIRO. DA ORALIDADE, PUBLICIDADE E LINGUA OFICIAL
Artigo 231
1.-En tódalas actuacións xudiciais, os xuíces,
maxistrados, fiscais e demais funcionarios de Xulgados e Tribunais usarán o
castelán, lingua oficial do Estado.
2.-Os xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios e demais funcionarios de
Xulgados e Tribunais poderán usar tamén a lingua oficial propia da Comunidade
Autónoma, se ningunha das partes se opuxer, alegando descoñecemento dela, que
puider producir indefensión.
3.-As partes, os seus representantes e quen os dirixa, así como as testemuñas
e peritos, poderán utiliza-la lingua que sexa tamén oficial na Comunidade Autónoma
no territorio da cal teñan lugar as actuacións xudiciais, tanto en manifestacións
orais coma escritas.
4.-As actuacións xudiciais realizadas e os documentos presentados no idioma
oficial dunha Comunidade Autónoma terán, sen necesidade de tradución ó
castelán, plena validez e eficacia. De oficio procederase á súa tradución
cando deban producir efectos fóra da xurisdición dos órganos xudiciais sitos
na Comunidade Autónoma, agás, neste último caso, se se trata de Comunidades
Autónomas con lingua oficial propia coincidente, ou por mandato do xuíz ou a
instancia de parte que alegue indefensión.
5.-Nas actuacións orais, o xuíz ou Tribunal poderá habilitar como intérprete
a calquera persoa coñecedora da lingua empregada, logo do xuramento ou promesa
daquela.
Artigo 341
1.-Para a provisión das prazas de presidente
dos Tribunais Superiores de Xustiza e das Audiencias, naquelas Comunidades Autónomas
que gocen de Dereito civil especial ou foral, así como de idioma oficial
propio, o Consello Xeral do Poder Xudicial valorará como mérito a
especialización destes Dereitos Civil especial ou foral e o coñecemento do
idioma propio da Comunidade Autónoma.
2.-Regulamentariamente determinaranse os criterios de valoración sobre o coñecemento
do idioma e do Dereito civil especial ou foral das referidas Comunidades Autónomas,
como méritos preferentes nos concursos para órganos xurisdicionais do seu
territorio.
Artigo 471