FUNCIÓNS DO SERVIZO

Ánxeles Babarro - Concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Redondela

Vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza.  O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
   Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións Públicas.

  • Onde dirixirse:

    Á Casa do Concello (986400300) ou ao correo normalizacion@redondela.info. 

  • Información e asesoramento:

      -  Resolución de dúbidas lingüísticas.

     -  Tradución e corrección de textos.

     -  Información sobre recursos dispoñibles. 

  • Proxectos de dinamización lingüística:

     O Concello promove actuacións e programas dirixidos a dinamizar o uso da lingua galega en actividades cotiás dos cidadáns, procurando contar coa participación de entidades tanto públicas como privadas.  

  • Formación:

     O Concello organiza todos os anos cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega para adultos CELGA, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

     Tamén se dan outro tipo de cursos de lingua galega, realizados polo propio Concello de Redondela.

Voltar á páxina principal