Artigo 3
Estatutos.
1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Tódolos españois teñen o deber
de a coñecer e o dereito de a usar.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas
Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España e un patrimonio
cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Artigo 20
3. A Lei regulamentara a organización e o control parlamentario dos medios
de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente publico e
garantira o acceso dos citados medios dos grupos sociais e políticos
significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de
España.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes
materias:
17º O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua
da Comunidade Autónoma.