|
O Concello de
Redondela, seguindo o seu camiño de moitos anos de traballo en prol da
lingua e coa idea de darlle máis pulo a ese labor, acaba de crear unha
Delegación de Normalización Lingüística.
A Administración Municipal vén
demostrando dende hai tempo unha especial atención e interese pola
lingua coa galeguización dos seus servizos, e aspira deste xeito a
promover tamén o seu uso entre os cidadáns e cidadás deste concello.
A creación destes servizos lingüísticos obedece, por tanto, non só a
un desexo de resolver as necesidades internas senón tamén á pretensión
de contribuír así mesmo ao fomento da lingua no ámbito exterior.
Por iso dende o Concello inténtase transmitir o valor da lingua galega
a todos os sectores da poboación coa posta en marcha desta nova
prestación que estará á disposición de calquera persoa.
|